Manuel Gesto, «O Pistón»

«O Pistón» era o alcume polo que era coñecido o garda municipal Manuel Gesto Cornide. Manuel naceu o 25 de marzo de 1902 no barrio do Pasatempo, pertencente á parroquia da Nosa Señora do Carme de Mondoñedo, e era fillo natural de Manuela Gesto Cornide.

A súa vinculación co concello mindoniense comezou o 1 de novembro de 1927, cando ingresou como axente de arbitrios, encargándose da recadación nos fielatos. Durante moitos anos, a súa residencia estivo no lugar coñecido como Casas Novas do Coto de Otero, en Mondoñedo. No eido persoal, casou en primeiras nupcias con Ramona Fernández Muiño e, posteriormente, en segundas nupcias con María Josefa Sánchez López, aínda que non deixou descendencia de ningún dos dous matrimonios.

A vida de D. Manuel apagouse o 18 de xaneiro de 1984 no domicilio dun sobriño político, no barrio de Marquide (Masma). Hoxe en día, os seus restos mortais descansan no cemiterio parroquial de Masma.

Tal e como podemos observar na imaxe, os gardas municipais daquela vestían un uniforme de cor azul mariño con correame de coiro. Un detalle moi interesante é a chapa dourada do cinto, onde levaban un número gravado que indicaba a súa orde de antigüidade no corpo. D. Manuel, nesta fotografía dos anos sesenta, levaba con orgullo o número 2.

Coa colaboración de Andrés García Doural


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Categorías: ,
Anuncios

Deja un comentario

Alameda Aldea Aliñación Andrés García Doural Animal Arte As Quendas Atardecer Auga Azul Bierzo Cabalos Cantábrico Carnaval Casas Cascada Catedral Cemiterio Ceo Cidade Colaboración Color Concentración Construcción Cor Cores Costa Cruz Cultura Curiosidade Curiosidades Deporte Entroido Escultura Estatua Eólicos feira Festa flor Fonte Fútbol Historia Igrexa Inverno Luces Luz Mar Mirada Montaña Montañas Monumento Motos música Nadal Natureza Neboa Neve Nocturna Noite Nubes Nuria Obras Os Muiños Outono Ovella Oviedo Paisaxe Panorámica Patrimonio Pazo Pedra Persoaxe Personaxe Personaxes Ponte Porto Praia Praza Procesión Relixión Reloxo Ribadeo Rinlo Rochas Rural Ría Río Rúa San Lucas Semana Santa Seminario Sol Toxiza Tradicción Tradición Tronceda Verde Vista Vistas Árbores

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo