Concerto de piano en Mondoñedo (1973)

Cuns días de atraso, a cidade de Mondoñedo quixo celebrar a festividade de Santa Cecilia, a patroa dos músicos. Para unha ocasión tan sinalada, o Orfeón da Sociedade de Obreiros organizou un concerto no Salón do Instituto Técnico, un evento que reuniu a figuras destacadas e que hoxe rescatamos a través desta evocadora imaxe.

Neste encontro musical interviñeron a brillante pianista ferrolá Naty Lamas e o Orfeón «Meigas e Trasgos» de Sarria. Ás oito do serán daquel primeiro de decembro de 1973, Naty Lamas deleitou aos asistentes cun exquisito repertorio no que interpretou pezas de Chopin, Albéniz e Falla. Fóra de programa, agasallou ao público cunha maxistral obra de Liszt, recibindo unha calurosa e merecida ovación de todos os presentes.

A cita tamén serviu de marco inigualable para unha estrea moi agardada: a do novo piano da marca Yamaha que lle fora adxudicado ao orfeón mindoniense pola Dirección Xeral de Belas Artes.

A concertista galega, que xa daquela gozaba dun gran prestixio, desenvolveu un importante labor docente como profesora do conservatorio da Coruña. Ao longo da súa dilatada traxectoria foi galardoada en diversas ocasións, recibindo recoñecementos da talla da Medalla Castelao e o Premio da Cultura Galega.

O seu vínculo coa nosa vila e coas nosas xentes foi sempre especial. Nunha entrevista publicada polo diario La Voz de Galicia no ano 2021, Naty lembrábao con estas entrañables palabras:

«Cunqueiro, que me quería mucho, era un gran aficionado a la música. El concierto del que más me acuerdo siempre, el que más me emocionó y el que más me gusta recordar, fue aquí, en Galicia, en Mondoñedo. El concierto en memoria de Álvaro Cunqueiro, que la familia me pidió que diese. Aquello fue muy emotivo, realmente conmovedor. Cunqueiro era maravilloso».

Coa colaboración de Andrés García Doural


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Categorías: ,
Anuncios

Deja un comentario

Abadín Alameda Aldea Aliñación Andrés García Doural Animal Arte As Quendas Atardecer Auga Bierzo Cabalos Cantábrico Carnaval Casas Catedral Cemiterio Ceo Cidade Colaboración Color Concentración Construcción Cor Cores Cruz Cultura Cunqueiro Curiosidade Curiosidades Deporte Entroido Escultura Eólicos feira Festa flor Fonte Foz Fútbol Historia Igrexa Inverno Luces Luz Mar Montaña Montañas Monte Monumento Motos música Nadal Natureza Neboa Neve Nocturna Noite Nubes Nuria Obras Os Muiños Outono Paisaxe Panorámica Patrimonio Pazo Pedra Persoaxe Personaxe Personaxes Ponte Porto Praia Praza Procesión Recordo Relixión Ribadeo Rinlo Rochas Rural Ría Río Rúa San Lucas San Vicente Semana Santa Seminario Sol Torres Toxiza Tradicción Tradición Tronceda Val Verde Vista Vistas Árbores

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo