Hai lugares cuxo nome é, en si mesmo, a mellor das descricións. A Praia do Silencio, na veciña costa asturiana, é un deses espazos onde a natureza impón a súa maxestuiosidade e convida á contemplación. Acubillada por un impoñente anfiteatro de cantís esculpidos polo paso dos milenios, as súas augas cristalinas repousan alleas ao ruído do mundo. Dende este miradoiro natural, entre fentos e piñeiros, a paisaxe convértese nun refuxio para a alma, un lugar onde o único son que racha a quietude é o suave rumor das ondas acariñando a beira.


Deja un comentario