San Isidro 1967

O día quince de mayo
sempre tes boa camisa,
bos zapatos, bon sombreiro
y un bastón pra ir a misa.

¡Oh que parexa de bois
Dios che deu prá laboría,
que hastra cereixas nos cornos
che traen para romería!.

¡Qué xugo tes tan ben feito,
que trabitas e apeares
pra traballar día e noite
pol-o sol, pol-os luares,
oindo ruxir as augas
e dos mozos os cantares!…

Florentino Barreira

Esta fermosa estampa, captada no ano 1967 polo obxectivo de “Foto Celta”, transpórtanos de cheo á maxia das nosas tradicións. A fotografía amósanos a procesión no carreiro que discorre entre o pombal e a capela de San Isidro, no Couto de Otero de Mondoñedo, un percorrido cheo de devoción e identidade labrega.

Máis alá do seu indubidable valor etnográfico, esta xoia en branco e negro é tamén un álbum de recordos vivo, xa que nos permite recoñecer a varios veciños da nosa vila participando na romaría.

Na comitiva podemos identificar a Manolo “Galicho”, Manolo “da Aspera” e Isidro “o Caelo” portando ao santo e acompañando a marcha. Xunto a eles camiñan os cregos D. Edelmiro Bascuas e D. Felipe Bangueses. E, como non hai festa nin procesión na nosa terra sen a súa banda sonora, poñendo o ritmo e a melodía ao percorrido atopamos a Alfredo Chamosa (á caixa) e a Suso Sordo (coa gaita).

Un pedaciño da nosa historia e das nosas xentes que hoxe recuperamos para non esquecer.

Coa colaboración de Andrés García Doural


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Categorías: ,
Anuncios

Deja un comentario

Abadín Alameda Aldea Aliñación Andrés García Doural Animal Arte As Quendas Atardecer Auga Bierzo Cabalos Cantábrico Carnaval Casas Catedral Cemiterio Ceo Cidade Colaboración Color Concentración Construcción Cor Cores Cruz Cultura Cunqueiro Curiosidade Curiosidades Deporte Entroido Escultura Eólicos feira Festa flor Fonte Foz Fútbol Historia Igrexa Inverno Luces Luz Mar Montaña Montañas Monte Monumento Motos música Nadal Natureza Neboa Neve Nocturna Noite Nubes Nuria Obras Os Muiños Outono Paisaxe Panorámica Patrimonio Pazo Pedra Persoaxe Personaxe Personaxes Ponte Porto Praia Praza Procesión Recordo Relixión Ribadeo Rinlo Rochas Rural Ría Río Rúa San Lucas San Vicente Semana Santa Seminario Sol Torres Toxiza Tradicción Tradición Tronceda Val Verde Vista Vistas Árbores

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo