Un mindoniense de lenda no Valencia C.F.

Chamábase Álvaro Pérez Vázquez. Ao rematar a Guerra Civil, algúns xogadores que apenas destacaran con anterioridade atopáronse defendendo as cores de diversos equipos militares. Co reinicio das competicións nacionais na histórica tempada 1.939-40, moitos destes futbolistas déronse a coñecer e acabaron enrolados nas filas de clubs da primeira categoría. Este foi precisamente o caso dun recio e impoñente defensa natural de Mondoñedo, quen chegou a se converter nunha das figuras máis sobranceiras dun Valencia lendario, acadando incluso a chamada da selección española. En Mestalla, formou parte de planteis que, nunha década dourada, conquistaron tres títulos de Liga e dúas Copas do Xeneralísimo.

Grazas ao seu excelente rendemento co conxunto «che», Álvaro foi convocado polo seleccionador nacional, D. Eduardo Teus, para disputar un encontro amigable que se celebrou no estadio de Mestalla o 28 de decembro de 1.941 fronte ao combinado de Suíza, aínda que nesta ocasión o noso veciño non tivo a oportunidade de debutar no terreo de xogo. Unha das aliñacións míticas dese Valencia daqueles anos de gloria recitábase de memoria: Eizaguirre, Álvaro, Juan Ramón, Bertolí, Sierra, Lelé, Epi, Amadeo, Mundo, Asensi e Gorostiza.

No campionato de liga 1.941-42, un Valencia espectacular lanzouse directo cara ao título de campión, deixándolle ao Real Madrid unha diferenza de sete puntos ao remate do torneo. O equipo destacaba por unha defensa de ferro e unha incrible pólvora na dianteira, que logrou a asombrosa cifra de 85 goles na competición; unha liña de ataque que os afeccionados bautizaron co alcume de “La Eléctrica”.

O 26 de xuño do ano 1.943, Álvaro tivo o privilexio de participar nun fito histórico no estadio Metropolitano de Madrid, onde o Valencia se mediu ao Atlético Aviación nun encontro amigable que pasaría á historia por ser o primeiro partido de fútbol nocturno disputado en España. Os valencianistas venceron por catro goles a un, nun choque no que destacou un novísimo Pasieguito.

Álvaro o primeiro xogador de pe, comezando pola dereita

Na tempada 1.943-44, o Valencia asinou un arranque fulgurante, colocándose como líder na cuarta xornada e gañando con autoridade o campionato. Aquela defensa formada polo galego Álvaro e o vasco Juan Ramón foi unánimemente considerada como a mellor do fútbol español. Foron tamén moi comentados na prensa escrita e entre os afeccionados os intensos e duros duelos que o noso veciño mantivo sobre o céspede con Telmo Zarra, o mítico ariete do Athletic de Bilbao.

Despois de once tempadas consecutivas defendendo con orgullo e coraxe a camiseta do Valencia, Álvaro quedou libre e asinou polo Hércules de Alacante. Tras colgar as botas, o seu idilio co fútbol non rematou, xa que continuou a súa andaina como adestrador, transmitindo os seus coñecementos a equipos das tres categorías nacionais.

Álvaro Pérez Vázquez nacera o 30 de marzo do ano 1.916 en Mondoñedo. Era fillo do santanderino José Pérez Castillo e da mindoniense María Amparo Josefa Vázquez Álvarez Mon. O gran zagueiro galego faleceu na capital do Turia no ano 1997.

Con estas breves pinceladas sobre a vida de Álvaro, queda de manifesto que a nosa vila tamén foi berce de deportistas de elite, cuxos éxitos e traxectoria merecen ser lembrados con orgullo.

Coa colaboración de Andrés García Doural


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Categorías: ,
Anuncios

Deja un comentario

Abadín Alameda Aldea Aliñación Andrés García Doural Animal Arte As Quendas Atardecer Auga Bierzo Cabalos Cantábrico Carnaval Casas Catedral Cemiterio Ceo Cidade Colaboración Color Concentración Construcción Cor Cores Cruz Cultura Cunqueiro Curiosidade Curiosidades Deporte Entroido Escultura Eólicos feira Festa flor Fonte Foz Fútbol Historia Igrexa Inverno Luces Luz Mar Montaña Montañas Monte Monumento Motos música Nadal Natureza Neboa Neve Nocturna Noite Nubes Nuria Obras Os Muiños Outono Paisaxe Panorámica Patrimonio Pazo Pedra Persoaxe Personaxe Personaxes Ponte Porto Praia Praza Procesión Recordo Relixión Ribadeo Rinlo Rochas Rural Ría Río Rúa San Lucas San Vicente Semana Santa Seminario Sol Torres Toxiza Tradicción Tradición Tronceda Val Verde Vista Vistas Árbores

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo