A nosa viaxe por terras de Cangas de Onís lévanos hoxe a un recuncho impregnado de misterio, silencio e lenda: a igrexa de Santa Eulalia na parroquía de Abamia, Cangas de Onís. Rodeado de árbores centenarias, teixos, que custodian a memoria do tempo, este templo de orixe altomedieval foi o lugar que o mismísimo Rei Don Pelayo mandou construir e elixiu para o seu descanso eterno xunto á súa esposa, a raíña Gaudiosa, tras o seu falecemento no ano 737. Aínda que no século XIII os seus restos foron trasladados á Santa Cova de Covadonga, o magnetismo deste enclave segue intacto. Un fito onde a pedra e a historia fundacional do noso norte se funden nunha postal inesquecible.


Deja un comentario