Hai olladas que gardan a esencia e a acouga de toda unha vila. Á sombra da xanela, descansando entre as reixas de ferro forxado, este curioso centinela contempla o devalar do tempo e o paso dos veciños coa paciencia serena de quen sabe que o seu fogar é o mellor dos refuxios. Unha estampa cotiá que retrata á perfección a vida sen présas e a nobreza animal que acompaña os días das nosas vilas e do noso rural. Neste caso a imaxe foi captada en Samos, ven preto da súa impoñente Abadía.


Deja una respuesta