Cravar caixas de madeira: un xeito de gañar o soldo no Mondoñedo dos anos sesenta

Nas inmediacións da estación de servizo de Mondoñedo, nun dos laterais da actual Avenida Eladio Lorenzo, existiu a comezos dos anos sesenta unha pequena serra de madeira de piñeiro rexentada por Victoriano González Redondo. Nese serradoiro traballaban varios operarios e serrábase táboa de diferentes dimensións e grosores, destinada á fabricación de caixas para froita, peixe, polos, queixos ou amorodos. Era un material con enorme demanda naquelas décadas, nun tempo no que o plástico aínda non invadira o mercado.

Dado que varios clientes preferían recibir as embalaxes xa montadas na propia orixe, nunha dependencia do serradoiro varios veciños de Mondoñedo dedicábanse a diario a cravar as táboas dos envases solicitados. Por cada caixa ou embalaxe confeccionada recibían un importe previamente estipulado. Nun principio, as pezas cravábanse a golpe de martelo; máis adiante, o proceso pasaría a facerse mediante sistemas de presión de aire.

Cuatro hombres trabajando en un taller de madera, sosteniendo herramientas, rodeados de materiales de trabajo.

Na imaxe que ilustra esta crónica podemos ver en plena faena a Miguel “da Cunqueira”, Gonzalo Oseira, Álvaro Basanta e Pascual Jiménez.

Moitos mozos de Mondoñedo pasaron por este espazo de traballo, atopando alí unha vía fundamental para obter ingresos económicos cos que satisfacer as súas necesidades diarias ou, a base de aforro, acceder a bens de máis valor. No ano 1980 pechou as súas portas definitivamente esta pequena industria madereira mindoniense, deixando sen emprego a varios operarios e poñendo fin á tradición de cravar caixas de madeira no lugar.

Coa colaboración de Andrés García Doural


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Categorías: ,
Anuncios

Deja un comentario

Abadín Alameda Aldea Aliñación Andrés García Doural Animal Arte As Quendas Atardecer Auga barcos Cabalos Cantábrico Carnaval Casas Catedral Cemiterio Ceo Cidade Colaboración Color Concentración Construcción Cor Cores Costa Cruz Cultura Cunqueiro Curiosidade Curiosidades Deporte Entroido Escultura Eólicos Faro feira Fervenza Festa flor Fonte Foz Fútbol Historia Igrexa Luces Luz Mar Montaña Montañas Monte Monumento Motos música Nadal Natureza Neboa Neve Nocturna Noite Nubes Nuria Obras Outono Padornelo Paisaxe Panorámica Patrimonio Pazo Pedra Persoaxe Personaxe Personaxes Ponte Porto Praia Praza Procesión Relixión Ribadeo Rinlo Rochas Rural Ría Río Rúa San Lucas Semana Santa Seminario Sol Torres Toxiza Tradicción Tradición Tronceda Val Verde Vista Vistas Árbores

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo