A estrela de David na Casa Santomé de Mondoñedo

D. Claudio Francisco de los Santos Santomé y Aguiar naceu o 2 de novembro de 1743 no lugar de “O Hedreiro” da parroquia de San Martín de Jubia, pero cara a 1747 residía en compañía dos seus pais na casa solarenga de Santomé, no barrio de A Laxe, da parroquia de San Xorxe de Lourenzá.

O 7 de maio de 1770 casou na parroquia de Santiago de Mondoñedo con Dª María Josefa de Vélez Puga, con quen procreou once fillos.

A acción máis transcendental que realizaron durante a súa vida, e da que deixaron unha pegada máis duradeira, foi a construción duna nobre edificación na rúa Holandillas (actual de Julia Pardo Montenegro) de Mondoñedo.

Nesta rúa atopámonos cunha señorial edificación dotada de tres alturas e horta na súa parte traseira, con dous espléndidos escudos heráldicos na súa fachada principal. Este edificio foi construído nos últimos anos do século XVIII e é coñecido popularmente como “Casa Santomé”.

Balcón de hierro forjado con diseño ornamental, ubicado en la parte superior de una fachada de piedra.

Na súa segunda altura sobresae un bonito balcón, dotado duna artística forxa de ferro fundido na que se pode observar un escudo de David ou selo de Salomón, un dos símbolos máis representativos do xudaísmo.

O citado símbolo está composto por dous triángulos equiláteros superpostos que forman unha estrela de seis puntas. Segundo algúns autores, empregouse con certa frecuencia a partir da Idade Media para distinguir as comunidades e distritos reservados para a poboación xudía.

Co establecemento do Estado de Israel, a súa bandeira foi adoptada no ano 1948. A Estrela de David, de cor azul, sitúase no centro sobre un fondo branco, entre dúas franxas azuis horizontais do mesmo tamaño que non chegan aos cantos do estandarte.

Nunha cidade episcopal, con séculos de vida vertebrados arredor da Igrexa católica, non deixa de chamar a atención a presenza excepcional deste símbolo representativo da relixión xudía.

Cabe preguntarse se a persoa que costeou o levantamento da edificación coñecida como “Casa Santomé” era un acaudalado xudeu que quixo deixar proba silenciosa da súa fe.

Coa colaboración de Andrés García Doural


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Categorías:
Anuncios

Deja una respuesta

Abadín Alameda Aldea Aliñación Andrés García Doural Animal Arte As Quendas Atardecer Auga barcos Cabalos Cantábrico Carnaval Casas Catedral Cemiterio Ceo Cidade Colaboración Color Concentración Construcción Cor Cores Costa Cruz Cultura Cunqueiro Curiosidade Curiosidades Deporte Entroido Escultura Eólicos Faro feira Fervenza Festa flor Fonte Foz Fútbol Historia Igrexa Luces Luz Mar Montaña Montañas Monte Monumento Motos música Nadal Natureza Neboa Neve Nocturna Noite Nubes Nuria Obras Outono Padornelo Paisaxe Panorámica Patrimonio Pazo Pedra Persoaxe Personaxe Personaxes Ponte Porto Praia Praza Procesión Relixión Ribadeo Rinlo Rochas Rural Ría Río Rúa San Lucas Semana Santa Seminario Sol Torres Toxiza Tradicción Tradición Tronceda Val Verde Vista Vistas Árbores

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo