Novo recordo doutras épocas do noso Mondoñedo.
Da man de Andrés, remontámonos ao ano 1964, cando se forma en Mondoñedo a orquesta Royalty Melodías, con compoñentes das desaparecidas «Royalty» e «Melodías del Jazz«

Na imaxe, captada no ano 1967, forman por instrumentos: José Carreiras (saxo e clarinete), Manuel Vieites (trompeta), Antonio Seivane (trompeta), Enrique Teijeiro (guitarra, batería e voz), Jesús Cigarrán (guitarra), Pedro Rivas (baixo), Cayetano Cabanas (clarinete e saxofón), Daniel Lorenzo (clarinete e saxofón) e Armando Irimia (acordeón e teclado).
Foi una formación moi coñecida na comarca do Bierzo e en Asturias. No ano 1971 varios compoñentes deciden levar a cabo unha renovación da mesma, e outros comezan a traballar por conta allea e desta forma crease un novo grupo que se denominaría «Los Royal«.
© Andrés_García_Doural
© Marcos_Candia_Cuba

Comenta a imaxe!