Axente e leñador, chega «Cazuña»

Novo recordo a un mindoniense singular, como xa fixemos con Chipo ou Merlín, hoxe é a quenda de Luis Villares “Cazuña”. Sen intención de facer unha biografía do mesmo, simplemente recordalo e deixar constancia dalgunha das súas andanzas e costumes, namentres estivo entre nos, sempre con todo o cariño do mundo.


Todos os pobos enriquecen a súa pequena historia cunha colección de personaxes que se fan populares por algunha característica especial. A galería destas figuras sinxelas é ampla e variada no caso da cidade episcopal. Os numerosos anos transcorridos dende a desaparición dalgúns deles, fan difícil poñerlles nome e apelidos, pero os seus peculiares motes e gran cantidade de anécdotas quedan entre nos.


Un deles foi Luis Villares Fernández “Cazuña”; ao que recordamos interno nos anos sesenta no Hospital San Pablo e San Lázaro de Mondoñedo. Fillo de Luis e Soledad, nado no 1.943 no lugar da Horta, parroquia de San Xoan de Agüera, no concello de Becerreá.


Luis chegaría ao hospital mindoniense polo ano 1964, onde conseguiu ser unha persoa moi popular. Cando se acercaba o bo tempo axudaba a algúns veciños nas tarefas do campo, o que lle aportaba uns ingresos en metálico. Nesta estación do ano, acostumaba deterse na taberna de Vicente Novo “O Pesego”, sita na veira da estrada N634 no lugar de Pedrido. Unha vez alí, Luis entretíñase xogando a baralla, chegando a colleitar gran destreza no populoso xogo da “escoba”.


Era frecuenta atopalo partindo leña para algúns veciños do casco urbano, inda que cando chegou a popular bombona de butano, foi un motivo de fricción co expendedor e repartidor da mesma, xa que a leña cada vez tiña menos clientes.


Outro dos puntos habituais para Cazuña, era a confluencia das rúas Lodeiro Piñeiroa, Marqués de Rodil e Julia Pardo, case enfronte do bar “Troita” e da confitería de “Doña Pura”, dirixindo con mestría o tráfico rodado, portando os seus inseparables pantalóns de cor branco, con grandes remendos nos xeonllos e calzando zocos de madeira. Sendo alcalde da cidade D. Enrique Cabanela Álvarez, e ante as numerosas queixas dos condutores, o rexedor ordenaría os axentes municipais que prohiban a Cazuña “dirixir o tráfico”. O noso protagonista, protestou enerxicamente aos axentes, e exclamaba: “Cabanela prohibiume dirixir o tráfico, quere que a xente se mate e así ter máis traballo no sanatorio” “O Macizo” (Dodolino Fernández), tamén acaba comigo, cada día vende máis bombonas e eu deixo de partir a leña!!!”.

Cazuña cos seus amigos no «Café Madrid». Foto Andrés

Volvemos ao verán, onde tamén o podíamos atopar cos seus zocos de madeira xogando ao fútbol no campo da feira, en compañía de numerosos rapaces da poboación. Certos lances do xogo excitábano enormemente e algunhas tibias foron testemuña do seu duro calzado. Durante a competición da liga de fútbol, podíamos atopalo no “Café Madrid” presenciando os partidos, que naquelas datas eran escasos e en branco e negro. Precisamente a imaxe que acompaña estas liñas foi tomada neste bar e Luis atopábase sentado as costas de Antonio Seivane e a esquerda de Feliciano Rico “Chipo”. Acompañan tamén na imaxe Carlos “Do Guerra”, Enrique Teijeiro, Pepe “Da Forneira”, Pepín “Da Romeira” e Pascual Ares (fillo).


O noso mestre escritor, Cunqueiro, confeccionou a Luis unha copla na imprenta Sucesores de Mancebo de Mondoñedo, e gracias ao desprendemento de Fernando, podemos colocar a continuación unha pequena estrofa da mesma, que di:

Este joven elegante,
que le viene a saludar,
es Luisito Villares,
de Horta, Becerreá…

Transcorreron xa moitos anos, pero ainda se comentan entre os máis maiores de Mondoñedo, numerosas anécdotas de Cazuña.
A mediados dos anos setenta, Luis foi destinado a cidade de Lugo, sendo interno do Asilo, onde falecería prematuramente.
IN MEMORIAN, LUIS VILLARES FERNÁNDEZ. CAZUÑA

Coa colaboración especial de Andrés García Doural


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Categorías: ,
Anuncios

Respuesta

  1. Avatar de O noso “amiguiño Prin” – Un paseo en Imaxes

    […] por moitos de vos. Como xa fixemos con “Chipo“, “O Mago Merlín” ou “Cazuña“, hoxe chega o turno de Antonio […]

    Me gusta

Comenta a imaxe!

Alameda Aldea Aliñación Andrés García Doural Animal Arte As Quendas Atardecer Auga Azul barcos Barreiros Bierzo Cabalos Cantábrico Carnaval Casas Cascada Catedral Cemiterio Ceo Cidade Colaboración Color Concentración Construcción Cor Cores Costa Cultura Cunqueiro Curiosidade Curiosidades Deporte Entroido Escultura Estatua feira Fervenza Festa flor Fonte Fútbol Historia Igrexa Luces Luz Mar Mirada Montaña Montañas Monte Monumento Motos música Nadal Natureza Neboa Neve Nocturna Noite Nubes Nuria Obras Os Muiños Outono Oviedo Paisaxe Panorámica Patrimonio Pazo Pedra Personaxe Personaxes Ponte Porto Praia Praza Procesión Relixión Reloxo Ribadeo Rinlo Rochas Rural Ría Río Rúa San Lucas Semana Santa Seminario Sol Toxiza Tradicción Tradición Tronceda Verde Vista Vistas Árbores

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo