-
Edelmiro, o muiñeiro
Hai apenas uns días soubemos do falecemento do último muiñeiro que quedaba en Mondoñedo. Referímonos a unha persoa que exerceu con dignidade unha profesión hoxe pouco valorada polo gran público, pero esencial na nosa historia: Edelmiro Expósito García. Fillo único de Manuel Expósito, natural da parroquia de San Pedro de Argomoso, e de Esperanza García,…
-
Lección animal
Ante todo comodidade! Será o que pensa esta ovella, que de xeonllos pasta de forma placenteira, nunha fresca tarde de febreiro en Mondoñedo.
-
Altar dos «caídos» en Mondoñedo
Durante a Guerra Civil Española (1936-39), por iniciativa das autoridades municipais, elaboráronse planos para erixir unha gran cruz e altar de granito como memorial dos soldados que morreron na fronte loitando polo bando nacional, así como dos que morreron no Hospital de Campaña de Mondoñedo. A maqueta do proxecto foi creada baixo a dirección do…
-
Os Castros en b&n
Mondoñedo é unha cidade que xira en torno ao epicentro da Praza da Catedral, pero que agocha beleza en cada recuncho das súas rúas, algunhas non tan coñecidas, como a que hoxe chega en forma de imaxe en b&n. A rúa dos Castros, que sobe dende o centro (rúa Julia Pardo Montenegro), ata guiarnos a…
-
Mina «Buen Deseo»
En decembro de 1856, José Pereira Alonso, natural de Ferrol pero residente en Mondoñedo, presentou unha petición á Deputación para rexistrar unha mina de ferro, cobre e outros metais prateados, que se denominaría «Buen Deseo», sita no concello de Mondoñedo e nun bosque aberto chamado Agüeira de Afuera, na Rilleira de Trigás. A concesión mineira…
-
Charca pico Pozo da Neve
Como fai uns días, hoxe a imaxe protagonista tamén esta captada na serra da Bobia. No cumio coñecido co «Pozo da Neve» a uns 1130msnm. Alí atoparemos unha pequena charca que nos da xogo para captar imaxes como a que ilustra as nosas liñas de hoxe.
-
A Pena do Forno
No territorio da parroquia de Santiago de Lindín en Mondoñedo, nun lugar coñecido como “O Chao da Pena” ou “Carquebas”, atópase unha enorme formación rochosa, situada a uns 300 metros sobre o nivel do mar, segundo algúns mapas topográficos. Dende este punto de observación, pódense ver as aldeas da Folgueirosa, Oural, Soutoxoane, Ferreira de Oural…
-
Vistas dende a Bobia
Imaxe captada nas montañas da Bobia en Asturias, preto da rotonda da Garganta. Dende ela podemos ver varios muiños eléctricos da propia serrra da Bobia, e ao fondo as últimas neves que aguantan nos cumios máis altos das serras do interior.
-
Concerto de clavecín
Tras a coroación da Raíña do Festival, a selección das súas Damas de Compañía e o discurso de apertura de María Josefa Pedreira Pérez, natural de Mondoñedo, para as festas das «San Lucas» de 1975, celebrouse un concerto de clavicémbalo, interpretado por Eva Vicens Alegre. O clavicémbalo é un instrumento musical cunha estrutura de madeira,…
-
Arco da Vella
Hoxe temos un fermoso arco da vella asomando entre as vivendas de Mondoñedo. Imaxe captada dende a rúa Bispo Sarmiento, nunha das poucas tardes solleiras desde febreiro de 2026.
-
Casa Canónigo
En varias ocasións escoitamos falar a Victoriano González Redondo, a Xusto Ares ou a Vicente Fernández Robles desta antiga e bonita vivenda na rúa Lodeiro Piñeiroa de Mondoñedo, dotada dunha fermosa fachada, con un artístico balcón, con portas e ventás con marcaxes de cantería. Por razóns de idade non a chegamos a coñecer. Esa fermosa…
-
Voando baixo
Hoxe propoñemos unha nova estampa de Mondoñedo. Esta colleitada dende as proximidades da escola infantil. Nela podemos destacar a Igrexa Nova, durante as últimas horas do día, ademáis dunha gaivota que surca o ceo mindoniense.
-
Estampa mindoniense de 1956
Corría o 5 de marzo do ano 1956, e o fotógrafo mindoniense D. José Pernas Moirón (Foto Pernas), residente no barrio dos Muiños de Arriba da nosa vila, captou o instante no que D. José García, de profesión ferreiro, realizaba o «cambio de calzado» ao incansable «Cuco». O propietario do animal era D. José Chao,…
-
Vistas de montaña
Dende o Alto da Corda en Abadín, podemos desfrutar dunha espectacular paisaxe aos catro costados. Neste caso a imaxe enfoca cara a Pena da Roca en primeiro plano, e máis ao lonxe destaca impoñente a Toxiza a maior elevación da zona tralo Cadramón.
-
Capitán Fanego
D. Francisco Fanego Méndez, nado o 3 de decembro de 1847 en Valladolid. Fillo de Francisco Fanego e Manuela Méndez, veciños no seu día, de Villarromiel (Palencia). D. Francisco ingresa no exército o 16 de maio de 1868. O 1 de agosto de 1877 consegue o grao de segundo tenente de infantería. Posteriormente, atopámolo destinado…
-
B&N nun recuncho de Mondoñedo
Hoxe voltamos ao branco e negro que tanto xogo da coa paisaxe urbana de Mondoñedo. E o protagonista non é outro que Cunqueiro, dende un dos seus costados, namentras contempla a praza da Catedral e o bosque de Silva.
-
O Gaspar, talento musical
A S.Y.C.B. de Mondoñedo pode ser considerada durante moitos anos como un pequeno conservatorio, tanto polo que se refire ao canto oral como a música instrumental. Un deses músicos chamábase Antonio González Amieiro, máis coñecido popularmente como «O Gaspar«, nado o 18 de setembro de 1900 no mindoniense barrio de Os Castro. «Gaspar» comezou a…
-
Unha nevarada doutra época
A imaxe de hoxe ten xa uns anos! É do 6 de febreiro de 2015, e nela aparece o núcleo de Tronceda cuberto cun importante manto branco, froito dunha intensa nevada caída por aquel entón. Neste 2026 levamos tamén unhas cantas nevadas, pero entre todas, non conseguen a cantidade de manto branco daqueles tempos.
-
Fillo predilecto de Mondoñedo
D. Oswaldo Codina Zapico. Nado o un de decembro de 1861 na rúa Puente de Mondoñedo. Fillo do tenente de Infantería, D. Rafael Codina Primo, natural de Játiva (Valencia) e de Dona Dolores Zapico Puga, oriunda de Riotorto. Estando destinado como médico militar no 1º Batallón do Rexemento de San Marcial, de operacións na illa…
-
Un xaneiro chuvioso
Este comezo de 2026 deixou un xaneiro de abondosas chuvias en toda Galicia, e Mondoñedo, como non podía ser doutro xeito, non foi excepción. Mostra delo son os ríos que baixan ao Val e atravesan Mondoñedo, repletos de auga, como mostra, a imaxe do Valiñadares un dos principais ríos de Mondoñedo.
-
Un relevante artista
Hoxe traemos ao recordo a Pedro Salaverri de la Torre, nado en 1899 na rúa Febrero de Mondoñedo, e falecido na rúa Cándido Martínez da mesma cidade en 1961. Fillo de Pedro Salaverri Vila e de Pascuala de la Torre Lence. Irmán de Joaquín, José María, José Antonio, Carmen e Dolores. Dende este punto, facemos…
-
Vistas dende as alturas
Imaxe captada dende as alturas da Pena da Roca, un lugar dende onde, con día despexado, coma o da imaxe, podemos divisar amplas zonas de terreo. Entre os que destaca a Toxiza, que podemos ver na parte esquerda da imaxe, sendo o pico máis alto da zona, ata chegar ao Cadramón, máis a esquerda, que…
-
Declaración mineira
D. Antonio Alonso Doural, proprietario, retornado de Cuba, nado no barrio de San Paio, e casado con Dona Carmen Fernández Dorrego, veciños da rúa Pardo de Cela de Mondoñedo, solicitou en novembro do ano 1958 un permiso de investigación de 20 pertenzas de mineral de cobre e ferro, denominado «Penido», ao que correspondeu o número…
-
A charca da Cabrita
No alto dos montes da Pena da Roca, entre xigantes eólicos, e logo dunha boa subida, que se queremos que sexa o máis dura posible, podemos facela pola Infesta (trazado do Camiño Norte a Santiago de Compostela), poderemos atopar esta pequena charca de auga natural, coñecida como «A Charca da Cabrita».
-
Protagonistas do atardecer
A imaxe de hoxe presenta un fermoso atardecer dende as inmediacións da estación de autobuses de Mondoñedo. Nela temos tres claros protagonistas, 2 cabalos e o sol, xerando un marco fermoso coa Pena da Roca como testigo coroada por un manto de nubes.
-
Concurso de enxertos
Ala polo 2 de abril do ano 1967, e organizado pola Delegación Provincial de Xuventude a instancias da da local e coa colaboración do Servizo de Extensión Agraria e a Hirmandade de Labradores e Gandeiros, celebrouse nos soportais do Cantón Grande de Modoñedo un curioso concurso de enxertos. Proba que foi seguida por numeroso público.…
-
Coidando a familia
Os gatos sempre nos ofrecen imaxes curiosas! E desta volta non iba ser menos. A nai e o seu pequecho, captados a través da ventá; unha ventá dun dos locais de hostalaría máis afamados de Galicia, o Valeco, no mindoniense barrio de Os Muiños.
-
García «o obreiro do fútbol»
O noso veciño, José Ramón García Fernández, ademáis de xogar de forma destacada como gardamallas dos cadros de Mondoñedo, Ribadeo, Lugo, Ourense, Ferrol ou Córdoba, rematou a súa carreira como futbolista nas filas do Jerez Deportivo, era a tempada 1971/72 e a escadra andaluza acababa de ascender a segunda división do fútbol español. Formaban parte…
-
Unha paisaxe que namora
Imaxe que nos namorou dende o primeiro instante! Captada dende a beira do Cantábrico. Vemos no plano uns prados, as vivendas de Piñeira en Ribadeo, e o fondo xa Asturias, as montañas que fan de límite entre as duas comunidades autónomas, e que se mostran cunha fina capa de neboa nos seus cumios, realzando así…
