Marcos Candia Cuba
Marcos Candia Cuba
@marcoscandiacuba@marcoscandiaimaxes.com

Apaixoado do ciclismo, a informática e a fotografía

632 publicaciones
0 seguidores
  • Fonte San Andrés de Teixido

    En plena Costa Ártabra, no concello de Cedeira, atopamos o lugar de San Andrés de Teixido, do que xa temos falado fai anos nesta mesma web. Hoxe volvemos alí, para amosar a famosa fonte de San Andrés, unha fermosa construcción rematada cun encintado branco, típico de moitas construccións da vila. Según conta a lenda, a…

  • A cova de Samordás

    No barrio de Samordás, parroquia de San Martín de Galgao (Abadín), podemos ver unha cova coñecida como “Cova da Meiga”, ou tamén “Cova dos Santos”. O grupo mindoniense de espeleoloxía coñecido como “Os Topos” conseguiron entrar nela o 19 de xullo de 1968 e bautizárona co nome de “Cova dos Santos”. Os compoñentes deste famoso…

  • Atardecer sobre Tronceda

    Atardecer cheo de cor sobre Tronceda. Na imaxe podemos ollar un horreo, construcción típica do rural galego, en primeiro plano, e xusto por enriba del un atardecer no que as nubes están fermosamente tinguidas de vermello.

  • Propietarios do segundo tramo da rúa Febrero (1969)

    Sendo alcalde de Mondoñedo o médico cirurxián, D. Enrique Cabanela Álvarez, tomouse a decisión de mellorar o pavimento do segundo tramo da rúa Febrero, Fonte de San Xoán e acceso ao grupo escolar da Alcántara. Na sesión extraordinaria do 24 dea abril de 1969, o concello acordaría impoñer unha contribución especial aos propietarios das edificacións…

  • Recuncho nos Muiños

    Amosamos hoxe unha imaxe captada no barrio de Os Muiños. Xa en pleno outono, pero ainda así a cor das flores da un toque vistoso ao barrio, no que as augas volven surcar as súas canles.

  • Rolindes

    Na nosa sociedade existen persoas que non destacan polos seus méritos, pero que son recordadas, en moitos casos con cariño, por cousas acaecidades na súa infancia, este é o caso da nosa protagonista de hoxe Rolindes. ¿Quén era Rolindes? Un nome nada frecuente para Mondoñedo! Os que foron alumnos a mediados dos anos sesenta, da…

  • Monte Cornería

    Volvemos con outra imaxe ciclista, desta volta coronando monte Cornería, unha montaña que nos ofrece unha das vistas máis fermosas da Mariña. Cornería no concello de Barreiros a algo máis de 430 m, é accesible dende varios puntos, sendo cecáis o máis sinxelo subir dende Celeiro de Mariñaos. Subida apta a pe, en bici, ou…

  • Dende o Mondoñedo ao Racing de Ferrol

    A través de Sergio Fernández Robles, coñecemos a existencia do noso persoaxe de hoxe. El foi a primeira persoa que nos falou deste gardamallas que na tempada 35/36 chegou a desputar a Copa Galicia co Racing de Ferrol. Falamos hoxe do «Cubano«. O seu nome era Eduardo Chao Otero, coñecido por «O Cubano», con ampla…

  • Abrente no Leboreiro

    Nova colaboración de Nuria que hoxe nos achega unha fermosa estampa captada dende o Leboreiro. Vemos como o sol se ergue, e os seus raios de luz vanse abrindo paso entre os loureiros, os pinos, e a brétema, enchendo de cores cálidas un lugar no que hoxe so queda o silencio. En contraste coa calma…

  • Un emprendedor

    No segundo decenio do siglo XX chegan a Mondoñedo, procedentes do lugar de Chacín, do cercano concello de Riotorto, os irmáns Vijande Villar, Patricio, Cayetano e Emilio. Cayetano ingresaría no Seminario Santa Catalina de Mondoñedo e chegaría ser ordeado sacerdote. Pola súa parte Patricio, rexentaría a surtida ferretería familiar, sería representante de máquina de coser…

  • Mina Peña Tascón

    Viaxamos ata Villanueva de Oscos, para visitar una das minas que funcionaron nesta vila asturiana, concretamente «Mina Peña Tascón» activa ata o ano 1957 cando foi abandona. Desta explotación extraíase ferro, plomo e zinc. Funcionou dende o ano 1433 ata o citado 1957. Inicialmente o material extraído era usado para fornecer a Ferrería de Santa…

  • A Revirada

    Mote polo que era coñecido en Mondoñedo o Café – Bar, sito ao carón do trazado da antiga N634, na eficicación sinalada co número 11 da actual Avenida Eladio Lorenzo, e nas inmediacións da estación de servizo de Mondoñedo. Un establecemento rexentado por Gonzalo García Torres e a súa dona, de orixe alemán, Cristel Rhan.…

  • Paisaxe de Oscos

    Hoxe ofrecemos unha vista panorámica captada dende a zona de «Mina Peña Tascón» preto do lugar de Ovellariza, no concello de Vilanova de Oscos, que precisamente é o que podemos ollar na parte do Val na imaxe, así como pequenas entidades de poboación que o arrodean.

  • A primeira cafeteira industrial en Mondoñedo

    No mes de maio do ano 1926, o matrimonio formado por Lisardo Rivas Sánchez e Josefa Aguiar Alonso, rexentaban unha céntrica edificación de Mondoñedo, moi cercana a parada de automóviles, adicado a un espléndido hospedaxe, coñecido polo nome de «Hotel Ideal Bar«. Na planta baixa da esbelta edificación, abriron un café – bar, con útiles…

  • O Cantábrico dende Mondoñedo

    Amosamos hoxe unha imaxe captada dende o alto de O Padornelo, montaña dende a que temos unha vista 360º, da cal hoxe nos centramos na liña de costa, onde, como se amosa, podemos chegar a ollar o núcleo urbano da vila de Foz así como o mar Cantábrico que baña esta vila da nosa comarca.

  • Incendio en San Lázaro

    Corría o 25 de xullo de 1971, día do Patrón de Galicia, cando un serradoiro localizado no barrio de San Lázaro de Mondoñedo sufría cuantiosos danos materiais a causa dun voraz incendio. O lume afectaría o serradoiro dos irmáns Lorenzo García, ao prender o lume nuns bidóns de gasoil, chegando incluso algún deles a explosionar.…

  • Ecomuseo do Pan

    Visitamos hoxe a vila asturiana de Vilanova de Oscos, concretamente o núcleo de Santa Eufemia, lugar onde poderemos visitar e desfrutar do «Ecomuseo del Pan«. Neste museo podemos ver o ciclo completo da elaboración do pan, dende a sementeira ata o amasado. No conxunto teremos un espacio para a recepción, zona de sementeira, un hórreo,…

  • II Trofeo Banco Bilbao. 1974

    Fai un tempo traíamos de volta unha imaxe do V Trofeo Banco Bilao no ano 1977. Pois ben, hoxe vamos un pouco máis atrás no tempo, ata o ano 1974, e ata a que foi a segunda edición deste trofeo que se desputaba en Mondoñedo. Foi un gran partido de fútbol, celebrado no Viñas da…

  • A Catedral da Montaña

    Viaxamos hoxe ata Lois, no concello leones de Crémenes. Unha pequena aldea a 1200 msnm que data, coa súa actual denominación, do siglo X, inda que a historia dos poboadores destas terras é moi anterior, xa que Lois foi o territorio onde se deu co maior número de lápidas vadinenses (S II-IV D.C.) da historia.…

  • Autoridades Eclesiásticas

    Hoxe traemos unha imaxe captada no ano 1965, no adro sito, por aquel entón diante da porta da Catedral de Mondoñedo. A esquerda da imaxe vemos a D. Jacinto Argaya Goicoechea, bispo de Mondoñedo. D. Jacinto nado en Vera del Bidasoa (San Sebastián) no ano 1903. En 1952 foi nomeado bispo auxiliar de Valencia; e…

  • Atoparse co pasado

    Facemos hoxe unha parada nun lugar que podemos decir, sen medo a engano, quedará marcado cunha alta nota e un importante recordo, positivo. falamos do Museo Etnográfico de Riaño. Neste espectacular lugar, a través de tres pisos, podemos desfrutar dunha extensa recopilación de pezas históricas e etnolóxicas da montaña oriental de León, que nos trasladan…

  • Numeración das vivendas

    En numerosas ocasións preguntámonos cando comezaron a colocarse letreiros cos nomes das rúas en Mondoñedo e incluso a numeración das súas vivendas. Por casualidade, atopamos no libro de Actas do Concello de Mondoñedo 1801-1805, a resposta a esta pregunta. Sen Alcalde da cidade D. Enrique Ramón Posada Pardo, Rexedor perpetuo e veciño desta cidade. Na…

  • O novo Riaño

    Visitamos hoxe a vila leonesa de Riaño, un concello que segundo o INE de 2024 conta con algo máis de 470 habitantes para unha superficie de máis de 100 km2. Riaño é ben coñecido polo seu embalse, e a súa ubicación, no Parque Rexional Montaña de Riaño e Mampodre, onde polas vistas e imaxes, se…

  • Un Santo Cristo de Limpias

    No interior da nova igrexa parroquial de San Vicente de Mondoñedo, atopamos un busto do Santo Cristo de Limpias, dunha gran beleza, coa sua mirada ao ceo, en expresión de do, oración e contemplación. Na comidade autónoma de Cantabria, podemos visitar a vila de Limpias, a carón do río Asón, cunha poboación de pouco máis…

  • En bici polo paraíso

    Viaxamos novamente a Castela e León, e facémolo para traer unha imaxe que ben podería abrir as portas a un paraíso para a práctica de moitos deportes, como o trail, sendeirismo, ciclismo, BTT, esquí, entre outros moitos. Falamos do Parque Rexional Montaña de Riaño e Mampodre, localizado na citada comunidade autónoma, unha zona abrupta por…

  • Orfeón Mixto de Mondoñedo, anos 80

    Hoxe traemos unha imaxe para o recordo. O Orfeón Mixto de Mondoñedo, ala polos anos 80. A continuación unha relación das persoas que aparecen na imaxe: Homes: Marful, Santaeulalia, Roberto Michelena, Fernando Michelena, José Vieites Cantil “Marmolista”, Eduardo Rodríguez “da Banda”, José Ramón Montenegro Espina, Ramiro González, Guillermo Gacio “O Carpinteiro”, Alfonso Fernández “O Chalán”,…

  • Levantando o voo

    Inda que a día de hoxe os Palomares, que seguen a existir en diversos puntos de Mondoñedo, perderon a súa función principal, as palomas, pola súa contra, seguen a visitar a nosa cidade. Na imaxe captada na zona das Malvinas, podemos ver a un grupo destas aves, levantandoo o voo co Padornelo como testigo do…

  • Obreiros na Catedral

    Achegamos hoxe unha imaxe captada en setembro do ano 1966 no claustro da Catedral de Mondoñedo. Nela podemos ver a parte dos obreiros que participaron das obras de restauración e remodelación do interior da Seo mindoniense. De Mondoñedo, podemos recoñecer, de esquerda a dereita e de abaixo a arriba a: Mariano Castillo, Pepe “Patrulla”, Paco…

  • Esculturas en madeira en Sanxés

    No concello de A Pontenova, collendo a estrada dirección Fonsagrada, na parroquia de Bogo, podemos chegar ao núcleo de Sanxés. En coche será un traxecto por unha estrada con unha parte en moi bo estado e outra non tanto, e en bici, unha forte subida case constante, dende a saida na Pontenova. A imaxe de…

  • Emilio Tapia Rivas

    Recordamos hoxe a Emilio Julian Vicente Tapia Rivas, nado na rúa da Fonte Vella de Mondoñedo o 7 de agosto de 1862. Bautizado con bautismo de necesidade polo facultativo D. Francisco Lamas García. Fillo lexítimo de D. José María Tapia Rodríguez, administrador principal de loterías, oriundo de San Andrés de Masma e de Dona María…