Marcos Candia Cuba
Marcos Candia Cuba
@marcoscandiacuba@marcoscandiaimaxes.com

Apaixoado do ciclismo, a informática e a fotografía

632 publicaciones
0 seguidores
  • Arturo Bello Fernández

    Fai uns días deixábamos un veciño moi coñecido e querido pola inmensa maioria dos mindonienses, falamos de Arturo Bello Fernández, máis popular como «Arturo do Banco Bilbao«. Empregado de Banca, así foi como chegou a Mondoñedo Arturo, a comezos dos anos sesenta, sendo solteiro. Na súa chegada a cidade estaría hospedado na «Fonda Meilán». Ao…

  • Detrás da froita

    Hoxe achegamos unha imaxe que comparte o ton natural co histórico. O verde das árbores, coa pedra. O frescor da laranxa cun ceo nubrado. A instantánea foi captada dende o Carme, ben pretiño da súa igrexa, e tralas árbores podemos ollar como se asoma o Seminario ou a Catedral, xunto con gran parte do Casco…

  • A quinta de Pedrido

    Na antiga quinta de Pedrido, na parroquia de Santa María de Vilamor, leváronse a cabo importantes obras de rehabilitación no seu interior, portas, ventás, tellado e na horta anexa. A mediados de decembro do ano 2008, cando varios operarios se atopaban picando no cal da fachada principal da edificación, que da a estrada local que…

  • Mirador de Goía

    Viaxamos a Terra Cha, concretamente ao concello de Xermada, para subir ata os 871 m sobre o nivel do mar e desfrutar do mirador de Goía, ubicado nun alto bautizado como O Peñote, ata o que chegamos logo de subir os 132 escalóns que o separan da área recreativa con mesas e bancos situada os…

  • Carantoña

    O noso benquerido Andrés traenos hoxe unha curiosa imaxe captada en San Vicente, uns cabalos a carón dun camiño, e xusto ao seu paso, un deles, fai unha graciosa carantoña que queda inmortalizada nesta imaxe.

  • Correlingua 2025

    O pasado 20 de maio celebrouse na cidade de Mondoñedo, a edición 2025 do tradicional Correlingua, unha serie de «carreiras» reivindicativas, en prol da lingua galega que se levan a cabo en diversas localizacións de Galicia en torno ao día das letras Galegas cada ano. Andrés achéganos unha imaxe, dos centos de nenos que se…

  • Cascada Morlongo

    Traemos hoxe unha fermosa imaxe da cascada coñecida como «Morlongo» no pobo asturiano de Vilanova de Oscos, a 3 km da rotonda da Garganta e a mesma distancia do núcleo do concello ao que pertence. Dende a estrada ao salto de auga teremos sobre uns 300m de distancia, e alí poderemos desfrutar desta beleza.

  • Monseñor García Amor

    A primeira hora da maña do pasado 3 de maio de 2025, as campás da Catedral de Mondoñedo comunicaban a poboación o falecemento en Vilalba de Monseñor García Amor. D. Uxío García Amor, nado o 7 de novembro de 1928 na parroquía de Sante, no veciño concello de Trabada. Con 11 anos Uxío ingresaba como…

  • Anécdota na igrexa nova

    25 de xullo de 1952, festividade do patrón Santiago Apostol. Por esas datas, en festividades sinaladas, acostumábase tocar a campá da igrexa parroquial de Santiago de Mondoñedo, máis coñecida como «Igrexa Nova», por parte do noso veciño Julián Álvarez. Para facilitar a labor de volteo da campá da torre, que tiña que tocar nun día…

  • Atardecer no cemiterio

    Xa falamos en máis ocasións do cemiterio vello de Mondoñedo a través das imaxes desta web, e hoxe voltamos a este recuncho da nosa cidade, para ofrecer outra instantanea que capta parte da historia deste lugar así como un atardecer sobre o mesmo, cos Picos e a Toxiza ao fondo.

  • Mondoñedo FC en San Ciprián

    Voltamos coas formación deportivas, e hoxe traemos unha do Mondoñedo FC, visitando o terreo de xogo do San Ciprián. Na imaxe, cortesía de Andrés, podemos ver a: Asís, Campovello, Jacobo, Portela, Genito, Miguel, Adrián, Jesús, Ramallal, Picoaga, F. Vilariño, Carro, Álvaro, Noly e Pablo Rodríguez.

  • Poboado de «A Paicega»

    A Paicega, no concello asturiano de Pesoz é un poboado, hoxe ruinoso (agás a igrexa) construído nos anos 40 do pasado siglo, para albergar a parte dos traballadores que por aquel entón levaron a cabo a magnífica obra do embalse de Salime (1945-1955). Ademáis da Paicega tamén se construiron outros poboados (El Segundo Plano, Vistalegre…

  • Pancho de Martiño

    O noso persoaxe de hoxe era moi coñecido no Mondoñedo dos anos sesenta, setenta e oitenta. Francisco Val López, máis coñecido como «Panchiño de Martiño«, nado o 26 de xuño de 1917 na rúa San Roque número 13. Fillo de Martín Val e de Cándida López, familia oriunda do concello da Pastoriza e residente no…

  • Un par de amigos

    Visitando o lugar de San Cristovo, no concello asturiano de Vilanova de Oscos, lugar de partida e fin da ruta de sendeirismo circular «Ruta del Silencio«, puidemos atopar este par de burros, os cales podedes deixar, tranquilamente, que se acheguen a vos, completamente dóciles e acostumados aos visitantes que se achegan a desfrutar da mentada…

  • Fray José de Cádiz e Mondoñedo

    Nun documento do arquivo municipal de Mondoñedo, do ano 1781 xa se cita a existencia desta cruz de pedra de cantería: «Más adelante, frente a la muralla que cierra varias huertas de D. Luís Marzo, junto a la cruz de piedra y frente a unas casas propiedad del venerable deán y cabildo, existen algunos agujeros…

  • Chegando o Salto do Coro

    A protagonista de hoxe é a ponte que nos da acceso no tramo final a cascada do Salto do Coro, a escasos dous quilómetros e medio do pintoresco barrio mindoniense dos Muiños, e enclavada dentro da ruta da auga da cidade de Mondoñedo.

  • A neboa sobre a cidade

    Imaxe típica dos días de primavera en Mondoñedo. Neboa e barruzo como protagonistas da estampa, aderezada cun branco e negro que lle da ese toque melancólico.

  • Ventás a Catedral

    Estampa hoxe captada na Praza da Catedral de Mondoñedo, co claro protagonismo para as fachadas e as ventás, dende as que todolos días se pode ollar a SEO mindoniense. Ventás que día a día observan unha obra de arte Patrimonio Mundial da Humanidade que é epicentro de toda a vida cultural e histórica de Mondoñedo.

  • Vila Cipriana

    Xosé Ramón Geada García, nado o 18 de outubro de 1895 na rúa Imprenta de Mondoñedo; fillo de Xaquín Geada Blanco, natural da parroquia de Santiago de Adelán (Alfoz), de profesión empregado e de Cipriana García Moirón, natural de Neda (A Coruña). Xosé Ramón emigra moi novo a illa de Cuba, onde consegue amasar unha…

  • Iluminando a cidade

    Imaxe hoxe captada dende a subida ao Couto. Na mesma as Luces da Catedral e Seminario sobresaen chamando a atención sobre o resto de edificacións do Casco Histórico de Mondoñedo.

  • Cruz da «Ameixoada»

    Nas inmediacións do barrio de Follente, parroquia de Couboeira, a carón do vello camiño cara O Valadouro, faleceu o día 13 de setembro de 1775 Ana María Nicolasa Basanta Mel, de 23 anos, natural e vecina de Escalla de Abaixo, parroquia de Frexulfe. Filla de Bartolomé Mel das Goas e de Ana Basanta. Viña ao…

  • Praia do Porto de Bares

    Logo de visitar este pasado venres O Barqueiro, seguimos na vila coruñesa de Mañón, para hoxe facer parada no Porto de Bares, e amosar a fermosa praia deste recuncho, que mesmo parece un paraíso. O Porto de Bares, un pequeno núcleo habitado, dentro do mencionado concello de Mañón na provincia de Coruña, e que agocha…

  • Unha obra de arte

    En Mondoñedo sempre tivemos plateiros, dende ven antigo, que atendían os numerosos encargos de igrexas e de certas institucións da diócese. O caso do que hoxe falamos é totalmente diferente. No 1908, o cuarteto mindoniense «Os Pacheco» comezaba a súa andaina. Un dos seus compoñentes foi o músico e reloxeiro D. Augusto Insua Amieiro, que…

  • O Barqueiro

    Hoxe visitamos este pequeno núcleo do concello coruñes de Mañón. Ubicado a beira do río Sor, coñecido por facer de fronteira natural entre as provincias luguesa e coruñesa. É o Barqueiro un punto ben coñecido polos turistas, moi visitado durante todo o ano, pero como é habitual o verán é a época por excelencia para…

  • Recordando o cine en Mondoñedo

    Xa pasaron uns cantos anos da desaparición da sala de cine «Principal» en Mondoñedo. Recordamos a Alicia Gayoso, que era unha das persoas que despachaban os boletos de acceso; do operador de máquina, Ramón Sordo; dos acomodadores, os irmáns Suso e Germán Sordo. As butacas eran de madeira e cando acaecía un inesperado corte na…

  • Mantendo a garda

    Nova imaxe na que atopamos uns curiosos amigos, que talmente parece que están vixiando o camiñante. Non é a primeira vez que, na mesma fotos, xuntamos cans e ovellas, a anterior fora dirección Salto do Coro, e a que hoxe acompaña estas liñas foi captada no lugar da Faxina.

  • Xogando por unha boa causa

    Corría o día 12 de outubro de 1974 e no Viñas da Veiga rexistrábase un encontro de fútbol entre as escadras «Galicia-Gaiteira» e unha «Selección da Costa Lucense«. O fin de dito encontro era recaudar diñeiro para a compra dunha nova silla de rodas para Luciano, interno no Hospital San Pablo e San Lázaro de…

  • B&N Praza da Catedral

    Nova imaxe da Praza da Catedral, neste caso nocturna e en branco e negro. Na mesma podemos ollar a impoñente Catedral, a entrada principal ao Pazo Episcopal, e enfronte o Cantón Grande da praza cos seus fermosos soportais.

  • Tardes de fútbol no Seminario

    Volvemos ao coñecido como «Deporte Rei», viaxamos ata o ano 1969 ao campo de fútbol do Seminario Santa Catalina de Mondoñedo, e facémolo para traer unha formación dun equipo local en dito escenario. Forman de Esquerda a dereita e de arriba a abaixo: José Paz «de Pancho», Andrés Pernas «do Quinto», Manuel da Costa «do…

  • Vistas dende o Couto

    Imaxe hoxe captada dende o barrio de O Couto, onde a través das árbores podemos intuir o centro histórico de Mondoñedo, e ao fondo podemos ver a ladeira dos montes de Zoñán e en último termo a Toxiza nos montes de Tronceda.