Marcos Candia Cuba
Marcos Candia Cuba
@marcoscandiacuba@marcoscandiaimaxes.com

Apaixoado do ciclismo, a informática e a fotografía

632 publicaciones
0 seguidores
  • Mirador A Panda

    Situado no concello de A Pontenova, este miradoiro ofrece unhas fermosas vistas; poderemos ollar o val do río Eo, en Vilaodriz; tamén os parques eólicos das serras e parte do parque Reserva da Biosfera do Río Eo, Oscos e Terras de Burón.

  • Monarcas e Mondoñedo

    As cinco da tarde do 30 de decembro de 1879 o Rei Alfonso XII e a súa segunda dona, María Cristina, regresaban ao Palacio de Oriente, cando un xoven efectuaba varios disparos cunha arma de fogo, marca Lefaucheux, que de milagro non chegaron a alcanzar ao monarca. O autor de ditos disparos foi apresado de…

  • Montañas infinitas

    Volvemos a subirnos a bici con outra imaxe captada dende este medio de transporte e vida. Captada dende a estrada que sube de A Garganta ata a Bobia e nos leva posteriormente ata Illano. Na foto poden ollarse en primeira instancia os montes máis cercanos de Oscos e máis ao fondo os montes de Grandas…

  • Ramiro I de Mondoñedo

    Hoxe traemos ao recordo ao noso amigo Ramiro González Rivas «Do Penasco». Fillo de Pepe e Elvira, con domicilio na rúa Álvaro Cunqueiro número 53 de Mondoñedo. Ramiro comezou a traballar moi novo en asuntos laborais nunhas oficinas ubicadas no barrio das Casas Novas. Posteriormente faríao na coñecida como Oficina de Emprego, nun local sito…

  • O Cantón

    Na imaxe de hoxe o noso primeiro plano levao o Cantón da Praza da Catedral, un lugar de reunión por excelencia para os mindonienses, onde pasear ou desfrutar de conversas cos amigos, ademáis de poller ollar a beleza da Catedral de Mondoñedo e de todo o conxunto que a rodea.

  • O Salón Imperio

    Falamos hoxe dunha famosa edificación construida no mindoniense barrio de San Lázaro alá polo ano 1918. Sinalada na actualide co número 77, sería adicada exclusivamente ao baile público dos domingos e días festivos. Os propietarios desta edificación eran o labrador do citado barrio, Santiago Díaz Fernández e a súa dona Ramona Caselas González. A súa…

  • A tan habitual néboa

    Na imaxe de hoxe un dos fenómenos máis habituais en Mondoñedo é o protagonista, falamos da néboa. Da igual a época do ano, será rara a semana que non teñamos un día con ela presente. Na imaxe captada dende a Rúa San Roque, vemos parte dos tellados da rúa Cunqueiro en primeiro plano e ao…

  • Un salmón de categoría

    No seu día xa demos conta dun excelente exemplar de troita que pescara o noso veciño Amador Rivera, e hoxe vamos dar conta doutra boa peza! Nesta ocasión o autor da pesca foi Manuel Meilán Torres «Sevilla», ala polo 1975, quen capturaría un bo exemplar de salmón. Sabíamos das habilidades de Manolo como cazador, ou…

  • Os Teixois

    O Conxunto Etnográfico de Os Teixois, atópase situado no concello asturiano de Taramundi, ven preto da Mariña Lucense. Conta cun fermoso museo, que a través dunha visita guiada nos somerxera no mundo da auga, o batán, o afiado, a forxa… Ademáis poderemos degustar manxares da comida asturiana no seu restaurante, ou simplemente desfrutar dun excepcional…

  • Gaiteiro nos Remedios

    O historiador, arqueólogo e archiveiro D. José Villamil y Castro, foi o primeiro en dar conta da presenza de representacións de gaiteiros nos monumentos de Galicia, cunhas notas publicadas a comezos dos anos setenta do siglo XIX, na revista compostelana «Galicia Histórica», dirixida por López Ferreiro. Villamil deu a coñecer un gaiteiro na igrexa de…

  • Lagarto arnal

    Durante unha visita a Costa da Morte, ademáis de poder desfrutar dunha incrible paisaxe, poderemos tamén atopar uns compañeiros peculiares, coñecidos como «Arnau» son os famosos Lagarno Arnal. Son unha especie de lagarto máis grande que os que acostumamos a ver pola nosa comarca da Mariña, poden chegar a superar os 70 cm de lonxitude…

  • O Mosteiro entre as torres

    Seguimos coa nosa teima de converternos nunha gran galería de imaxes do noso querido Mondoñedo. Imaxes de todas as perspectivas e xeitos. Na de hoxe, a Catedral en primeiro plano, e entre as súas torres, asomando, o Mosteiro dos Picos, que se atopa nun estado de conservación bastante precario.

  • Outro equipo do 1974

    Fai un tempo mostramos un equipo de balonman do ano 1974, e hoxe traemos outra aliñación, doutra escadra deste mesmo deporte na nosa cidade. Escadra esta tamén do Instituto San Rosendo do ano 1974. Forman na mesma de esquerda a dereita e de arriba a abaixo: Bargo (Viloalle), Carlos Novo (Pedrido), Jesús Morán, Santiago García…

  • Rinlo e o Percebe

    Visitamos novamente a vila mariñeira de Rinlo en Ribadeo, un dos lugares máis fotografiados desta caso. E facémolo para capturar en imaxe uns percebes. Un manxar tradicional desta vila, que ademáis conta cunha festa de exaltación deste marisco, que se soe celebrar a comezos de agosto de cada ano. Na imaxe de hoxe podemos ver…

  • Unha de toureiros

    Inda que por todos é coñecido que Mondoñedo non é unha cidade de tradición taurina, hoxe daremos conta dun par de toureiros relacionados co noso benquerido Mondoñedo. Coñecidos como «Frascuelito» e «Chechu». O primeiro deles, que adoptou ese peculiar nome foi o mozo José Antonio Fernández Rodríguez. De neno, seus pais voltaron a Mondoñedo e…

  • Explosión de cor

    O verán xa se asentou no noso calendario, e como sempre a explosión de cores post primaveriais tiñe o paisaxe mindoniense. Na imaxe de hoxe unha mostra. Onde unha boa mestura de cores de flores, verde de prantas e de fondo unha parte do casco histórico de Mondoñedo, coa sobresainte Igrexa Nova, conforman unha estampa…

  • Unha mestra no recordo

    Seguimos recordando persoaxes importantes do noso benquerido Mondoñedo, e hoxe é o turno de Dona Alicia Tezanos Muiño. Nada o 22 de xuño de 1923 na rinconada da rúa Padilla (actual Alfonso VI) de Mondoñedo. Filla de D. Eusebio Tezanos Fernández, natural de Los Corrales (Cantabria), tenente de Infantería que no seu entón participou na…

  • Especial colaborador. Andrés García Doural

    Chegamos as 20 mil visitas na web, algo que se di axiña, pero que ten detrás un traballo de horas, para en primeiro lugar poñer na rede o proxecto, darlle un formato e contexto, e por suposto a recolleita de imaxes e dende fai un tempo tamén textos que as acompañan. Esta web naceu en…

  • O rostro de Mercurio

    Cecais nos fixamos pouco nos detalles, e moitas cousas pasan desapercibidas cando transitamos polas rúas dos pobos que visitamos, e incluso tamén da propia cidade na que residimos, ¿Cantas cousas descoñeceremos? En Mondoñedo, nun costado da céntrica Praza da Catedral, no dintel da porta de entrada a un antigo comercio textil, hoxe adicado a oficina-xestoría,…

  • Ollada entre as árbores

    Como se dun marco natural se tratase, estas árbores, conxuntamente co verde do campo, e o azul do ceo, conforman un marco natural que ten como protagonista da imaxe varias vivendas de Rinlo e impoñéndose sobre as mesmas a súa igrexa e sobre todo o seu campanario.

  • Un mindoniense no Aconcagua

    Moitas cousas quedan no esquecemento por non ter coñecemento delas e outras veces por non ter suficiente información. Certo día, tivemos noticia dunha aventura moi interesante levada a cabo por unha persoa natural de San Pedro de Argomoso, pero residente, dende facía bastantes anos, na República de Arxentina. A persoaxe en cuestión non é outra…

  • Procesión do Carmen en Burela

    Fai uns días falabamos das alfombras florais que engalanaron a vila de Burela para a procesión do Carmen, que hoxe é a protagonista da nosa entrada. Duas imaxes desta procesión que congrega a miles de persoas para acompañar a Nosa Señora do Carmen dende a igrexa ata o porto, onde descansará para o día seguinte,…

  • O pozo da praza da Catedral

    Durante os anos 1964 a 1969 leváronse a cabo importantes obras no interior da Catedral de Mondoñedo, o seu claustro e a Praza. Retirouse o feche frontal da Catedral e as fortes portas de ferro que permitían a entrada; reducíronse as dimensións do cantón e retirouse a súa balaustrada; cambiouse o pavimento a toda a…

  • Alfombras florais Burela

    Como cada ano, a vila de Burela celebra as súas coñecidas festas do Carmen, e con motivo das mesmas a confección das alfombras florais que adornan as rúas dende a igrexa parroquial ata o porto, cadrando co percorrido que fará a procesión terrestre da virxe do Carmen e San Juan, para, ao día seguinte, celebrarse…

  • Outro once titular do Mondoñedo

    Nova aliñación do Mondoñedo que nos achega o noso amigo Andrés. Na foto podemos ver, de esquerda a dereita e de arriba a abaixo a: Cotoya, Miguel, Picoaga, Gonzalo, Portela, Adrián, Carlos «Galicho», Lorigados, Manolo «Galicho», Carro e Noly.

  • Pedra e flor

    Dende o pequeno e florido xardín da estatua de Álvaro Cunqueiro ou o recordo do pasamento de Pardo de Cela, puidemos captar esta imaxe coa Catedral de fondo, quedando así entre o verde do primeiro plano e o verde do Bosque de Silva ao fondo.

  • O Poeta na sombra

    Seguimos coa colección de persoaxes e hoxe traemos o «Poeta en la sombra» tal e como o titulou D. José de Cora. Falamos de D. José Ramón Jesús Manuel Emilio Santeiro Faraldo. Nado en Mondoñedo o 9 de novembro de 1908, nas inmediacións do Santo Cristo e na edificación sinalada por aquel entón co número…

  • Mirando o obxetivo

    Hoxe a nosa protagonista é esta vaca, que mira fixamente o obxetivo, como se estivera posando coa nosa cidade de Mondoñedo ao fondo. Foto captada na zona de Ponte Pousada.

  • Padre Mondoñedo

    «Era dulce, humilde y generoso». «Fue un sacerdote ejemplar y un hombre bueno». José Cabaneiro Anllo, nace o 17 de xaneiro de 1896 na vivenda sinalada co número 25 da rúa Febrero de Mondoñedo. Fillo de Francisco Cabaneiro Díaz, natural da parroquia de San Juan de Romariz (Abadín), de profesión sastre e de Evarista Anllo…

  • Troita da Pontenova

    Visitamos hoxe a vila mariña de A Pontenova, ben coñecida polos seus fornos, un total de cinco, que recordan o pasado mineiro destas terras. Pero non menos importante é o incrible atractivo e potencial turístico desta vila, que nos últimos tempos está a potenciar con varias rutas turísticas, unha tiroliña, unha vía ferrata… Na imaxe…